Baixo as nubes da noite,
coa música do vento
e o resplandor da lúa,
o tempo pasa lentamente.
Os segundos son minutos,
e os minutos horas,
e as horas días,
e os días vida.
Son soños pasados,
son recordos futuros,
son presentes non vividos,
finais felizmente tristes.
Moi bo.
ResponderEliminarMoitísimas grazas Cristian polo comentario!! E... iso de bo... serao...a min paréceme normal... como todos os que escribo... jaja!!
ResponderEliminarOutra vez, moitas grazas!! :)
De nada. Hai que ser máis positivo.
ResponderEliminarJajaja..... o mesmo digo, Cristian!!
ResponderEliminarGrazas!! :)
Eu son positivo na vida pero cando esbribo, escribo a realidade tal e como é, cos seus defectos e poucas virtudes.
ResponderEliminarPois paréceme moi ben.... e a verdade é que a vida, como ben dis, ten poucas virtudes e moitos defectos, ou polo menos eu véxoa así!
ResponderEliminar:)
Na miña opinión o que nos fai mellores é saber separar día a día as cousas boas das malas, para poder vivir realmente.
ResponderEliminar